Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66303

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 16 de decembro de 2022, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da entidade pública empresarial Augas de Galicia, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os premios Innovaugas 2022 para os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2022/23 (código de procedemento AU302A).

BDNS (Identif.): 666306.

Primeiro. Destinatarios

Poderán participar nesta convocatoria os centros educativos que oferten ensinanzas de 1º e 2º curso de primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Cada centro poderá participar cunha ou varias aulas destes dous cursos. Cada aula constituirá un equipo conformado polo alumnado da aula e un docente responsable.

Admitirase unha participación por aula.

Segundo. Obxecto

Convocar os premios Innovaugas e establecer as súas bases reguladoras de participación durante o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento AU302A).

Terceiro. Bases reguladoras

Publícase conxuntamente este extracto coa Resolución do 15 de decembro de 2022, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da entidade pública empresarial Augas de Galicia pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os premios Innovaugas 2022 para os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento AU302A).

Cuarto. Importe

O importe total en metálico destinado para esta convocatoria será de 12.000,00 € con cargo á conta financeira 6568 subvencións a institucións sen fin de lucro da entidade pública empresarial Augas de Galicia, coa seguinte distribución de anualidades:

2022: 0,00 €.

2023: 12.000,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de xaneiro de 2023.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Presidenta de Augas de Galicia