Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66389

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa da parcela non incorporada á Xunta de Compensación do Sector do Solo Urbanizable SUD-19 (expediente 2022/PLANEAM/000023 FG 710).

Mediante a Resolución da Alcaldía nº 2022006121, do 14 de decembro de 2022, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa da parcela non incorporada á Xunta de Compensación do Sector do Solo Urbanizable SUD-19 (documento R.E. nº 2022021702, do 1.12.2022).

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 19 de decembro de 2022

Ángel García Seoane
Alcalde presidente