Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 65758

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

DECRETO 217/2022, do 22 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

De conformidade co Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, artigos 70 e 48, respectivamente, as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deban proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso serán obxecto de oferta de emprego público.

A Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, dispón no seu artigo 12 que a oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión de provisión de necesidades de persoal se adaptará aos límites e aos restantes requisitos que se establezan na normativa básica estatal e, en particular, no referente á taxa de reposición de efectivos, respectando, en todo caso, as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I dos correspondentes orzamentos de gastos.

A Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, establece no seu artigo 20 que durante o presente exercicio unicamente se procederá, no sector público autonómico, á incorporación de novo persoal con suxeición ás limitacións e requisitos establecidos nesa norma.

Nesta disposición normativa fíxanse diferentes taxas de reposición dependendo do ámbito da Administración, autonómico ou local, así como do colectivo onde se producise a vacante. Establece como límite para a incorporación de novo persoal durante o presente exercicio, unha taxa de reposición do 120 por cento para os sectores prioritarios e unha taxa de reposición de ata un máximo do 110 por cento, para os sectores que non se consideran prioritarios.

A Lei 22/2021, do 28 de decembro, inclúe, entre outros, como sectores prioritarios: o control e loita contra o fraude fiscal, laboral, de subvencións públicas e control da asignación eficiente dos recursos públicos; o asesoramento xurídico e a xestión dos recursos públicos; a cobertura das prazas correspondentes ao persoal dos servizos de prevención e extinción de incendios e de salvamento marítimo; as prazas do persoal que presta asistencia directa aos usuarios dos servizos sociais e do persoal que realiza a xestión de prestacións e políticas activas en materia de emprego; prazas de seguridade e emerxencias; prazas de persoal que realiza unha prestación directa aos usuarios do servizo de transporte público; persoal de atención aos cidadáns nos servizos públicos e prazas do persoal que preste servizos na área das tecnoloxías da información e as comunicacións.

No ámbito de función pública galega o número de prazas que se poden convocar na oferta de emprego público do ano 2022 é de 702 prazas.

Para determinar a taxa de reposición das prazas de acceso libre tívose en conta o número de xubilacións, falecementos, renuncias, excedencias, baixas definitivas, altas e baixas producidas polos concursos de traslados a outras administracións e reingresos producidos durante o ano 2021, non computando as prazas que se convoquen para a súa provisión mediante procesos de promoción interna.

Esta oferta de emprego público concíbese como un instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, nos cales deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.

Trátase dun instrumento de planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo a consecución da eficacia na prestación dos servizos públicos e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles.

Neste sentido merece especial mención a promoción interna como unha das medidas derivadas da planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo contribuír á consecución da eficacia na prestación dos servizos. Deberá ser facilitada pola Administración como vía para a adquisición das correspondentes competencias e como requisito necesario para a progresión na carreira profesional desde niveis inferiores aos superiores.

Neste decreto de oferta para o ano 2022 recóllese unha promoción interna separada para o persoal funcionario con convocatorias independentes das de acceso libre.

Tamén se inclúen prazas de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese a realizar funcións ou desempeñase postos de traballo de persoal funcionario, ou pasase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os ditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna. Este persoal laboral fixo poderá participar nun proceso selectivo de promoción interna a través dun concurso-oposición nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

En canto aos procesos de estabilización, a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en desenvolvemento da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicou o Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm 102, do 30 de maio do 2022).

Ademais, mediante o Decreto 209/2022, do 17 de novembro, apróbase a oferta de emprego público correspondente a 84 prazas de persoal laboral de entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, co obxecto da posta en marcha e funcionamento de novos servizos públicos, de conformidade co establecido no artigo 20.uno.6 da Lei 22/2021, do 28 de decembro, que sinala que non computarán para a taxa de reposición e, polo tanto, non se terán en conta para o seu cálculo as prazas necesarias para a posta en marcha e funcionamento de novos servizos cuxo establecemento veña imposto en virtude dunha norma estatal, autonómica ou local, ou as prazas que as empresas externas destinaban á prestación dos servizos públicos e pasen a ser prestados mediante xestión directa pola Administración.

Con respecto á reserva da cota para persoas con discapacidade na oferta de acceso libre, resérvase unha porcentaxe do 13,68 % das vacantes, que se distribuirá segundo se establece nos anexos de prazas obxecto desta oferta.

Conforme os artigos 13.2.g) e 14.2.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, correspóndelle ao Consello da Xunta a aprobación da oferta de emprego público por proposta da consellería competente en materia de función pública. Así mesmo, o artigo 12 da Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, exixe o informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes, cómpre a aprobación da oferta de emprego público para o ano 2022 relativa ao persoal funcionario de corpos e escalas da Administración xeral, especial e categorías de persoal laboral, e establécese os criterios en que debe enmarcarse esta oferta, de conformidade co previsto no artigo 12 da Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, así como o artigo 20 da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022.

Na súa virtude, negociados os criterios xerais desta oferta de emprego público coas organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, logo do informe da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido no artigo 13.2.g) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e dous de decembro de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1. Aprobar a oferta de emprego público

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro; no artigo 20 da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, así como no artigo 12 da Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, apróbase a oferta de emprego público correspondente a distintos corpos e escalas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e categorías de persoal laboral para o ano 2022, nos termos que se establecen neste decreto.

Artigo 2. Cuantificación da oferta de emprego público

1. O anexo I recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso con cargo á taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2022.

2. No anexo II inclúense as prazas que se ofertan de promoción interna cuxos procesos selectivos se realizarán en convocatorias independentes das ordinarias de novo ingreso.

3. O anexo III recolle as prazas que se ofertan de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que van ser obxecto dun proceso de funcionarización nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro. Estas prazas para funcionarizar corresponden coa categoría laboral.

Artigo 3. Promoción interna independente

1. Co obxecto de fomentar a promoción interna, convocaranse as prazas que se detallan no anexo II do presente decreto, para persoal funcionario de carreira, polo sistema de concurso-oposición. Estes procesos selectivos de promoción interna levaranse a cabo en convocatorias independentes das de novo ingreso, e será de aplicación para o persoal funcionario o previsto no artigo 80 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

2. Para os corpos de Administración xeral, realizarase unha promoción interna separada para permitir que o persoal funcionario da Administración xeral, excluídas as escalas, poida promocionar ao grupo inmediato superior sempre e cando posúa a titulación necesaria, teña prestados servizos efectivos durante polo menos dous anos como persoal funcionario no corpo do grupo de titulación inmediatamente inferior ao do corpo ao que pretende acceder, reúna os requisitos esixidos na convocatoria e supere as probas que para cada caso estableza a consellería competente en materia de función pública.

3. Non obstante o anterior, no proceso de promoción interna para o acceso ao corpo superior da Administración xeral (subgrupo A1), tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da escala de inspectores/as de consumo (subgrupo A2) e da escala de inspección turística (subgrupo A2).

4. Ás persoas aspirantes dos corpos da Administración xeral que superen o proceso de promoción interna adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñan desempeñando con carácter definitivo sempre que estivese aberto ao corpo do grupo de titulación a que se acceda e figure na relación de postos de traballo aberto á Administración xeral. Quedan excluídos, expresamente, os postos que só estean abertos a escalas.

No caso de que o/a aspirante ocupe un posto con carácter definitivo que non estivese aberto ao corpo do grupo de titulación a que se acceda, ofertarase na elección de destino unha vacante aberta ao grupo de titulación a que accedeu por promoción interna, que poderá ser de nivel superior ao nivel mínimo do grupo, no caso de que non haxa vacantes deste nivel.

Artigo 4. Promoción interna para o persoal laboral fixo: proceso de funcionarización

O persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cuxa praza vai ser obxecto dun proceso de funcionarización, poderá participar no proceso de promoción interna, para as prazas que figuran no anexo III do presente decreto, polo sistema de concurso-oposición, de forma independente dos de libre concorrencia, sempre que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese a realizar funcións ou desempeñase postos de traballo de persoal funcionario, ou pasase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os ditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna, sempre que posúan a titulación necesaria e reúnan os restantes requisitos exixidos, nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia na sisposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Ao persoal laboral fixo que, a consecuencia deste proceso, adquira a condición de funcionario de carreira adxudicaráselle destino definitivo, de carácter funcionarial, no mesmo posto que viña desempeñando con carácter definitivo. Non será necesario que a adaptación da correspondente RPT, se é o caso, sexa previa ao inicio dos procedementos de funcionarización, de conformidade co Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, pero deberá estar aprobada con anterioridade á toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

Respecto á funcionarización do persoal laboral fixo no grupo B, cómpre ter en conta o establecido na disposición transitoria única do dito Decreto 165/2019.

Artigo 5. Criterios xerais de aplicación nos procesos selectivos

1. De acordo co Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e a Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, sinálanse os seguintes principios reitores para o acceso ao emprego público e a adquisición da relación de servizo:

A) Na selección do seu persoal, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia garantirá, ademais dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, os principios de:

– Publicidade das convocatorias e das súas bases.

– Transparencia.

– Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.

– Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.

– Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que se van desenvolver.

– Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.

– A simplificación dos procesos selectivos.

– Valoración ata a puntuación máxima na fase de concurso.

B) Os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna na Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, e no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e das medidas de discriminación positiva previstas neste decreto.

C) A composición dos tribunais de selección do persoal da Administración pública galega será paritaria para o conxunto da oferta pública de emprego, tanto se se trata de acceso ao emprego público como se se trata de promoción interna, de acordo co disposto no artigo 48 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

Os órganos de selección aplicarán na súa actuación principios de austeridade e axilidade á hora de ordenar o desenvolvemento dos procesos selectivos, sen prexuízo do cumprimento dos principios de actuación, de conformidade co establecido no Estatuto básico do empregado público.

D) Nas convocatorias dos procesos selectivos en que se estableza a realización de probas con respostas alternativas, faranse públicos os cadros de respostas na páxina da Xunta de Galicia (www.xunta.es/funcion-publica).

E) O funcionamento e a actuación dos tribunais de selección axustaranse ás instrucións ditadas ao efecto polo órgano competente.

F) De ser o caso, o desenvolvemento dos procesos selectivos terá que adecuarse ás recomendacións das autoridades sanitarias en períodos de emerxencia sanitaria.

2. Se nun determinado corpo, escala, subgrupo ou categoría da Administración pública galega se verificase a infrareprresentación do sexo feminino, entendendo por infrarrepresentación cando exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes, de existir méritos iguais entre dous ou máis candidatos ao finalizar o proceso selectivo e antes da proposta de nomeamento dos candidatos aprobados, deberá aplicarse como primeiro criterio de desempate a preferencia das mulleres, salvo considerando obxectivamente todas as circunstancias concorrentes nos candidatos de ambos os sexos, existen motivos non discriminatorios para preferir o home, de acordo co artigo 49 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

Artigo 6. Persoas con discapacidade

1. O artigo 59 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, prevé a reserva dunha cota non inferior ao sete por cento das vacantes ofertadas para ser cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no número 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións.

2. Nesta oferta para acceso libre resérvase unha porcentaxe do 13,68 % para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade, de xeito que o 2,14 % será para as persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 11,54 %, para aquelas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade. As prazas reservadas para persoas con discapacidade xeral poderán convocarse conxuntamente coas prazas ordinarias ou mediante convocatorias independentes á dos procesos libres, e garantirán, en todo caso, o carácter individual dos procesos. As prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual realizaranse en convocatoria independente.

3. Os sistemas de selección que se convoquen para persoas con discapacidade desenvolveranse de acordo co establecido no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade.

4. Nas probas selectivas, incluíndo os cursos selectivos ou o período de prácticas, estableceranse para as persoas con discapacidade que o soliciten as adaptacións e os axustes razoables necesarios de tempo e medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.

5. No suposto de que algún dos aspirantes con discapacidade que se presente pola cota de reserva supere os exercicios e non obteña praza na citada cota, se a súa puntuación, superior á obtida polos outros aspirantes do sistema de acceso xeral, este será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

6. As prazas reservadas para as persoas con discapacidade xeral que queden desertas nos procesos selectivos poderanse acumular á quenda xeral.

Disposición adicional primeira. Acumulación de prazas correspondentes á oferta de emprego público dos anos anteriores

Poderán convocarse nun único proceso selectivo as prazas ofertadas de persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas de administración xeral e especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e ás categorías de persoal laboral relacionadas nos anexos da presente oferta, xunto coas derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2018, 2019, 2020 (período ampliado ao exercicio 2021, de conformidade co disposto no Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica) e a correspondente ao ano 2021 que aínda están pendentes de convocar. No caso de ser acumuladas, aplicarase a normativa correspondente á oferta de 2022.

Todas as prazas publicadas tanto en ofertas anteriores como as relativas a esta oferta que aínda están sen convocar de categorías de persoal laboral e que, segundo o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, teñen unha equivalencia nos corpos e escalas de carácter funcionarial convocaranse nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal funcionario.

Disposición adicional segunda. Igualdade en relación coas condicións de emprego da Administración pública

As convocatorias adaptaranse ao disposto no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade en relación coas condicións de emprego da Administración pública.

Disposición transitoria primeira. Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

As convocatorias dos procesos selectivos referentes ao corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B) deberán adaptarse ao disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia mentres non se desenvolva regulamentariamente o grupo B, a incorporación do persoal producirase no subgrupo C1.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento do decreto

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de función pública para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento do presente decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e dous de decembro de 2022

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO I

Prazas de persoal funcionario (acceso libre)

ADMINISTRACIÓN XERAL

QUENDA XERAL

DISCAPACIDADE XERAL

DISCAPACIDADE INTELECTUAL

TOTAL PRAZAS

CORPO SUPERIOR (SUBGRUPO A1)

26

4

 

30

– ESCALA DE LETRADOS

9

1

 

10

– ESCALA DE SISTEMAS E TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN

15

1

 

16

– ESCALA SUPERIOR DE ESTATÍSTICOS

2

 

 

2

– ESCALA SUPERIOR DE ORIENTACIÓN LABORAL

6

 

 

6

CORPO DE XESTIÓN (SUBGRUPO A2)

26

4

 

30

– ESCALA TÉCNICA DE ESTATÍSTICOS

2

 

 

2

– ESCALA TÉCNICA DE ORIENTACIÓN LABORAL

114

16

 

130

CORPO ADMINISTRATIVO (SUBGRUPO C1)

44

6

 

50

CORPO AUXILIAR (SUBGRUPO C2)

42

8

 

50

– ESCALA DE PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS (PSX)

48

7

 

55

AGRUPACIÓN PROFESIONAL (AP)

– ESCALA DE PERSOAL SUBALTERNO

30

5

10

45

– ESCALA DE PERSOAL DE LIMPEZA E RECURSOS NATURAIS E FORESTAIS

• ESPECIALIDADE: PERSOAL DE LIMPEZA E COCIÑA

57

8

5

70

• ESPECIALIDADE: PERSOAL DE RECURSOS NATURAIS E FORESTAIS

5

 

 

5

TOTAL ADMINISTRACIÓN XERAL

426

60

15

501

ADMINISTRACIÓN ESPECIAL

QUENDA XERAL

DISCAPACIDADE XERAL

DISCAPACIDADE INTELECTUAL

TOTAL PRAZAS

CORPO FACULTATIVO SUPERIOR (A1)

– ESCALA DE VETERINARIOS

21

4

 

25

– ESCALA DE CIENCIAS

 

 

 

• ESPECIALIDADE: BIOLOXÍA

9

1

 

10

– ESCALA DE FACULTATIVOS

 

 

 

• ESPECIALIDADE: MEDICINA

14

1

 

15

CORPO FACULTATIVO DE GRAO MEDIO (A2)

– ESCALA TÉCNICA DE FACULTATIVOS

 

 

 

• ESPECIALIDADE: ENFERMARÍA

13

2

 

15

CORPO DE TÉCNICOS DE CARÁCTER FACULTATIVO (GRUPO B) 

– ESCALA DE AXENTES TÉCNICOS FACULTATIVOS

• ESPECIALIDADE: EDUCACIÓN INFANTIL

22

3

25

– ESCALA DE AXENTES TÉCNICOS EN XESTIÓN AMBIENTAL

36

2

 

38

CORPO DE AXUDANTES DE CARÁCTER FACULTATIVO (SUBGRUPO C1)

– ESCALA OPERATIVA DO SERVIZO DE GARDACOSTAS DE GALICIA

 

 

 

• ESPECIALIDADE: PATRÓN

9

1

 

10

• ESPECIALIDADE: MECÁNICO

12

1

 

13

– ESCALA TÉCNICA DE CONDUCIÓN

18

2

 

20

CORPO DE AUXILIARES DE CARÁCTER TÉCNICO (SUBGRUPO C2)

– ESCALA DE AUXILIARES DE CLÍNICA

26

4

 

30

TOTAL ADMINISTRACIÓN ESPECIAL

180

21

0

201

TOTAL ACCESO LIBRE (XERAL+ESPECIAL)

606

81

15

702

ANEXO II

Promoción interna separada persoal funcionario

ADMINISTRACIÓN XERAL

QUENDA XERAL

DISCAPACIDADE XERAL

TOTAL PRAZAS

CORPO SUPERIOR (SUBGRUPO A1)

17

3

20

CORPO DE XESTIÓN (SUBGRUPO A2)

78

12

90

CORPO ADMINISTRATIVO (SUBGRUPO C1)

158

24

182

CORPO AUXILIAR (SUBGRUPO C2)

56

9

65

– ESCALA DE PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS (PSX)

56

9

65

TOTAL ADMINISTRACIÓN XERAL

365

57

422

ANEXO III

Promoción interna de persoal laboral fixo (proceso de funcionarización)

CORPO, ESCALA E ESPECIALIDADE

TOTAL

PRAZAS

SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN XERAL (SUBGRUPO A1)

10

FACULTATIVO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL (SUBGRUPO A1)

– ESCALA DE FACULTATIVOS

• ESPECIALIDADE: MEDICINA

9

• ESPECIALIDADE: PSICOLOXÍA

3

• ESPECIALIDADE: PEDAGOXÍA

3

– ESCALA DE CIENCIAS

• ESPECIALIDADE: BIOLOXÍA, QUÍMICA, CIENCIAS DO MAR

– ESCALA DE ENXEÑEIROS

• ESPECIALIDADE: ENXEÑARÍA DE MONTES

14

– ESCALA DE FACULTATIVOS DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS

• ESPECIALIDADE: BIBLIOTECAS

2

XESTIÓN DE ADMINISTRACIÓN XERAL (SUBGRUPO A2)

8

– ESCALA DE XESTIÓN DE SISTEMAS DE INFORMÁTICA

7

FACULTATIVO DE GRAO MEDIO DA ADMINISTRACIÓN ESPECIAL (SUBGRUPO A2)

– ESCALA DE TÉCNICOS FACULTATIVOS

• ESPECIALIDADE: ENFERMARÍA

16

• ESPECIALIDADE: EDUCADOR INFANTIL

24

• ESPECIALIDADE: FISIOTERAPIA

4

• ESPECIALIDADE: TRABALLO SOCIAL

10

– ESCALA DE RESTAURACIÓN

• ESPECIALIDADE: DOCUMENTOS GRÁFICOS

• ESPECIALIDADE: BENS ARTÍSTICOS E ARQUEOLÓXICOS

2

– ESCALA DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS

• ESPECIALIDADE: ENXEÑARÍA TÉCNICA FORESTAL

1

TÉCNICOS DE CARÁCTER FACULTATIVO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL (GRUPO B)

– ESCALA DE AXENTES TÉCNICOS FACULTATIVOS

• ESPECIALIDADE: ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

6

• ESPECIALIDADE:EDUCACIÓN INFANTIL

29

– ESCALA TÉCNICA SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

• ESPECIALIDADE: BOMBEIRO FORESTAL XEFE DE BRIGADA

18

ADMINISTRATIVO DE ADMINISTRACIÓN XERAL (SUBGRUPO C1)

34

– ESCALA TÉCNICA AUXILIAR DE INFORMÁTICA

15

– ESCALA DE AXENTES DE INSPECCIÓN

• ESPECIALIDADE: MOBILIDADE

4

• ESPECIALIDADE: VIXILANCIA DE ESTRADAS

11

AXUDANTES DE CARÁCTER FACULTATIVO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL (SUBGRUPO C1)

– ESCALA TÉCNICA DE MANTEMENTO DE SERVIZOS

18

– ESCALA TÉCNICA DE RECURSOS NATURAIS E FORESTAIS

12

– ESCALA TÉCNICA DE COCIÑA

18

– ESCALA TÉCNICA DE ANALISES DE LABORATORIO

18

– ESCALA TÉCNICA DE CONDUCIÓN

53

AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL (SUBGRUPO C2)

77

CORPO DE AUXILIARES DE CARÁCTER TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL (SUBGRUPO C2)

– ESCALA AUXILIARES DE CLÍNICA

137

– ESCALA AUXILIAR DE COIDADORES

2

– ESCALA AUXILIAR DE COCIÑA

49

– ESCALA AUXILIAR DE MANTEMENTO

10

– ESCALA AUXILIAR DE RECURSOS NATURAIS E FORESTAIS

17

– ESCALA AUXILIAR DE LABORATORIO

15

– ESCALA AUXILIAR DE CONDUCIÓN

25

– ESCALA AUXILIAR DO SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

• ESPECIALIDADE: BOMBEIRO FORESTAL-CONDUTOR MOTOBOMBA

27

• ESPECIALIDADE: EMISORISTA, VIXILANTE FIXO

27

• ESPECIALIDADE: BOMBEIRO FORESTAL

50

– ESCALA AUXILIAR DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS

• ESPECIALIDADE: ARQUIVOS E BIBLIOTECAS

17

• ESPECIALIDADE: MUSEOS

1

– ESCALA DE GARDAS DE RECURSOS NATURAIS

15

AGRUPACIÓN PROFESIONAL (AP)

– ESCALA DE PERSOAL SUBALTERNO

146

– ESCALA DE PERSOAL DE LIMPEZA E COCIÑA E RECURSOS NATURAIS E FORESTAIS

• ESPECIALIDADE: PERSOAL DE LIMPEZA E COCIÑA

363

• ESPECIALIDADE: PERSOAL DE RECURSOS NATURAIS E FORESTAIS

22

TOTAL DE PRAZAS DO PROCESO DE FUNCIONARIZACIÓN

1349