Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 26 de decembro de 2022 Páx. 65716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Melón (expediente IN407A 2022/186-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado número 2.880 do COITI Vigo e con visado número 22202262, do 14 de outubro de 2022, do sinalado colexio profesional.

Solicitante: Distribuidora Eléctrica de Melón, S.L.; CIF: B32011173.

Domicilio: rúa Coruña, nº 20, 36700 Tui, Pontevedra.

Denominación: modificación CTA Moces (expediente 3268-AT).

Situación: lugar de Moces, concello de Melón (Ourense).

Orzamento: 9.692,39 € de execución material.

Características técnicas: modificación CTA Moces.

– Substitución do transformador aéreo existente de 50 kVA por un novo transformador de 160 kVA, xunto con toda a súa aparataxe asociada. Montaxe dos cadros de BT e de compensación de reactiva, material illante en aceite mineral; coordenadas xeográficas: latitude 42°16’40.1”N, lonxitude 8°12’36.6”W, fuso UTM: 29.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 29 de novembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense