Con data do 19 de setembro de 2022, polo Acordo da Xunta de Goberno Local, apróbase a oferta de emprego pública ordinaria para o ano 2022, que consta das seguintes prazas:
OPE ordinaria 2022: prazas de persoal laboral.
Código |
Grupo convenio |
Categoría/posto |
Quenda |
04.01.02.11 |
3.1 |
Persoal de emerxencias/condutor |
Libre |
03.02.08.03 |
4 |
Oficios varios-peón |
Libre |
OPE ordinaria 2022: prazas de persoal funcionario.
Código |
Grupo |
Escala |
Subescala |
Posto |
Quenda |
01.02.01.01 |
C1 |
Administración xeral |
Administrativa |
Oficial administrativo/a |
Libre |
01.02.00.02 |
C1 |
Administración xeral |
Administrativa |
Oficial administrativo/a |
Libre |
01.02.00.04 |
C2 |
Administración xeral |
Auxiliar |
Oficial administrativo/a |
Libre |
04.01.01.16 |
C1 |
Administración especial |
Servizos especiais |
Policía local |
Libre |
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso potestativo de reposición, ante o órgano que o ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que xulgue máis conveniente ao seu dereito.
Ponteareas, 23 de setembro de 2022
Cristina Fernández Davila
Alcaldesa