Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 23 de decembro de 2022 Páx. 65475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2022/200-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Madrid pola enxeñeira industrial Isabel López Ferrer, colexiada número 17566 do COIIM, con visado número 202203155 do 11.7.2022.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A-63222533.

Enderezo: A Batundeira, núm. 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: subestación Xinzo 132 kV ampliación 2 pos. M.T.

Situación: concello de Xinzo de Limia.

Orzamento: 96.656,42 €.

Características técnicas: ampliación do parque interior de MT, a 20 kV, con dúas novas posicións con tecnoloxía GIS e configuración en simple barra, cada unha delas equipada con:

– Un xogo tripolar de barras xerais de 1.250 A, 25 kA. Un seccionador tripolar, 1.000 A, 25 kA, con tres posicións (aberto, pechado e posta a terra para mantemento). Un interruptor automático tripolar de corte en vacío, 1.000 A, 25 kA. Tres transformadores de intensidade 200-400/5-5 A. Un transformador de intensidade toroidal 60/1 A. Tres conectores enchufables para cable aislado. Sistema de protección, control, comunicacións e medida.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 29 de novembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense