A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), dispón no seu artigo 15.1, relativo á publicidade das subvencións concedidas, que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a contía concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.
A Orde do 6 de maio de 2022 (DOG núm. 95, do 18 de maio), en diante orde de bases, estableceu as bases reguladoras para o período 2022-2024 e procedeu á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2022-2023 (procedemento TR301P).
Posteriormente, a Orde do 9 de xuño de 2022 (DOG núm. 116, do 17 de xuño), modificou parcialmente o artigo 5 da orde de bases, relativo ao compromiso de contratación.
A Orde do 6 de maio de 2022 ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as convocatorias públicas de subvencións das accións formativas para o emprego en unidades formativas das empresas con compromiso de contratación.
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.
Destinouse á primeira convocatoria un crédito por importe total de catorce millóns de euros (14.000.000 €), distribuído en dúas anualidades, que se imputarán con cargo á aplicación orzamentaria 11.05.323A.471.0, ou a aquelas que a substitúan de conformidade coa normativa orzamentaria aplicable, e con código de proxecto 2013 00545.
A relación de subvencións concedidas e as empresas beneficiarias, ordenadas por código de expediente, publícase como anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2022
Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación
ANEXO
Expediente |
Entidade |
NIF |
Aplicación orzamentaria |
Subvención concedida |
TR301P-2022/000001-0 |
Centros Agrupados de Formación Empresarial, S.L. |
B86979465 |
11.05.323A.4710 |
81.939,00 € |
TR301P-2022/000002-0 |
Centro de Formación Sálvora, S.L. |
B36447035 |
11.05.323A.4710 |
82.771,20 € |
TR301P-2022/000003-0 |
Autoescuela Sálvora, S.L. |
B36015105 |
11.05.323A.4710 |
251.762,40 € |
TR301P-2022/000004-0 |
CITIC HIC Gándara Censa, S.A.U. |
A36380715 |
11.05.323A.4710 |
3.306,24 € |
TR301P-2022/000005-0 |
Cooperativas Orensanas, S. Coop. Ltda.-Coren |
F32001976 |
11.05.323A.4710 |
1.129.599,00 € |
TR301P-2022/000006-0 |
Nova Frigsa, S.A.U. |
A27199140 |
11.05.323A.4710 |
160.935,60 € |
TR301P-2022/000007-0 |
Academia de Enseñanza Newton Vilalba, S.L.U. |
B27358209 |
11.05.323A.4710 |
85.262,40 € |
TR301P-2022/000008-0 |
Industrias Frigoríficas del Louro, S.A. |
A36001998 |
11.05.323A.4710 |
253.837,20 € |
TR301P-2022/000009-0 |
Rodavigo, S.A. |
A36634434 |
11.05.323A.4710 |
25.350,00 € |
TR301P-2022/000010-0 |
Forma-T 2011, S.L. |
B27422302 |
11.05.323A.4710 |
198.732,60 € |
TR301P-2022/000012-0 |
High Wind Services, S.L. |
B70502422 |
11.05.323A.4710 |
20.047,36 € |
TR301P-2022/000013-0 |
Instituto de Soldadura e Qualidade, S.A. |
A85957827 |
11.05.323A.4710 |
24.587,40 € |
TR301P-2022/000014-0 |
Pan y Panadería de Ousá, S.L. |
B27157924 |
11.05.323A.4710 |
96.129,90 € |
TR301P-2022/000015-0 |
Escuela de Carniceros de Galicia, S.L. |
B01902113 |
11.05.323A.4710 |
72.491,40 € |
TR301P-2022/000016-0 |
Carpintería Metálica Alumán, S.L. |
B15042286 |
11.05.323A.4710 |
80.665,20 € |
TR301P-2022/000017-0 |
Zero Energetic Housing, S.L. |
B70546056 |
11.05.323A.4710 |
84.947,28 € |
TR301P-2022/000018-0 |
Proyestegal, S.L. |
B27159730 |
11.05.323A.4710 |
83.670,75 € |
TR301P-2022/000019-0 |
Ingeniería Insitu |
B27715309 |
11.05.323A.4710 |
74.192,60 € |
TR301P-2022/000021-0 |
Benteler Automotive Vigo, S.L. |
B50846807 |
11.05.323A.4710 |
201.203,10 € |
TR301P-2022/000022-0 |
Soldega Formación, S.L. |
B27431493 |
11.05.323A.4710 |
348.262,20 € |