Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65394

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de notificación de execución subsidiaria de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares da referencia catastral que se relaciona a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Alcaldía, do 28 de novembro de 2022, pola que se acorda a execución subsidiaria por parte do Concello para a realización da xestión da biomasa vexetal, por no teren realizado os titulares catastrais os labores ordenados, e a concesión do trámite de audiencia polo plazo de quince días durante os cales poderán os interesados alegar e presentar os documentos e xustificación que xulguen oportunas.

Ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Nº de expediente

Referencia catastral

Situación

DNI do titular catastral

5335/2022

27067A03701782

Ponte de Landrove, polígono 37, parcela 1782 Viveiro (Lugo)

En investigación

Viveiro, 29 de novembro de 2022

María Loureiro García
Alcalde