De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento ás herdeiras con documento nacional de identidade 76915483X, para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/149/2020-RP1, en relación coas obras consistentes na construción dun piso de formigón no lugar da Castiñeira, no termo municipal da Cañiza, provincia de Pontevedra.
O expediente relacionado está á disposición das interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
As persoas interesadas disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes.
Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2022
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística