Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65107

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 20 de decembro de 2022 pola que se amplían os créditos establecidos para o programa III na Orde do 13 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2022 e 2023 (código de procedemento TR341M).

No DOG núm. 184, do 27 de setembro de 2022, publicouse a Orde do 13 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2022 e 2023 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

A dita Orde do 13 de setembro de 2022, de conformidade co estipulado no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece a posibilidade de ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles. O incremento do crédito está condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, como existen outras dotacións de fondos finalistas do Servizo Público de Emprego Estatal que poden ser utilizadas para os mesmos fins, procedentes de remanentes de crédito doutras convocatorias no mesmo programa de gasto e servizo, 324C da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, e coa finalidade de facer chegar axudas ao maior número posible de centros especiais de emprego, cómpre ampliar os créditos consignados no artigo 50.1 da dita Orde do 13 de setembro de 2022 para a anualidade 2022 do programa III.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o crédito consignado para a anualidade 2022 do programa III no artigo 50.1 da Orde do 13 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2022 e 2023, no código de proxecto 2018 0099, nas aplicacións orzamentarias que se indican:

1ª ampliación de crédito

Procedemento

Aplicación orzamentaria

Importe (€)

Programa III. Custo salarial das persoas con discapacidade

TR341M

11.04.324C.470.4

170.000,00

11.04.324C.481.4

15.000,00

Total

185.000,00

Esta ampliación (185.000,00 €), xunto co crédito inicial consignado na Orde do 13 de setembro de 2022 (24.178.000,00 €), suman un orzamento final de 24.363.000,00 €.

Artigo 2. Prazo de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na dita Orde do 13 de setembro de 2022 para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade