Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65109

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 21 decembro de 2021 pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento SI434B).

No Diario Oficial de Galicia do 4 de xaneiro de 2022 publicouse a Resolución do 21 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento SI434B).

No artigo 4 da dita resolución establécese que para a concesión destas axudas se destina crédito polo importe e nas aplicación seguintes:

– Axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero: 1.500.000 euros na aplicación orzamentaria 11.02.313D.480.0, código de proxecto 2015 00180.

– Indemnización establecida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero: 55.000 euros na aplicación orzamentaria 11.02.313D.480.1, código de proxecto 2015 00150.

Este crédito, segundo o establecido no dito artigo, poderá ser ampliado cando o aumento veña derivado da súa previsión legal ou dalgún dos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Por outra banda, o artigo 7.1.h) da Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, dispón que, con independencia dos supostos previstos no punto 1 do artigo 64 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, terán excepcionalmente a condición de ampliables os créditos incluídos na aplicación 11.02.313D.480.1, con destino ao pagamento das indemnizacións previstas no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Na data actual, dado o volume de solicitudes presentadas da axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e que non poden ser atendidas co crédito inicialmente asignado, así como as necesidades das posibles beneficiarias, resulta necesario incrementar a dotación orzamentaria destinada a esta axuda.

Por todo o exposto e no uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. Amplíase a dotación orzamentaria asignada para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, na contía de 200.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.313D.480.0, código de proxecto 2015 00180, e na contía de 40.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.313D.480.1, código de proxecto 2015 00150.

Segundo. Esta ampliación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2022

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade