Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación no concello de Allariz IN407A 2022/31-3 AT.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puider practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT regulamentación ALL805 BDPX9MXS26-18-B-1 e BDNVNHAC28-20-B-2 (expediente IN407A 2022/31-3-AT) no concello de Allariz, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 14 de decembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2022/31-3 AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT regulamentación ALL805 BDPX9MXS26-18-B-1 e BDNVNHAC28-20-B-2.

Concello: Allariz.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

1

Outeiro do Galo

32002A00500080000WR

Herdeiros de Feliciano Navarro

Enderezo descoñecido

29.11.2022

2

Mazón

32002A0050005300000WE

Descoñecido

Titular descoñecido

29.11.2022