Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación nos concellos de Cenlle e San Amaro IN407A 2021/144-3 AT.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puider practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA ALB804 apoio núm. 36-53 (expediente IN407A 2021/144-3-AT), nos concellos de Cenlle e San Amaro, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 14 de decembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2021/144-3 AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB804 apoio núm. 36-53.

Concellos: Cenlle e San Amaro.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

1

Lameiro

32075AO9200365000EU

María Fernández Vázquez

Enderezo descoñecido

22.11.2022

3

Rodal

32026A008040000000TW

Manuel Fernández Seoane

Notificación infrutuosa

24.11.2022