Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete á información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2022/433-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución no apoio A4FU88HC//18-6 na LMTA ATI7030226.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LA-56, de 83 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A4FV88EV e final no apoio proxectado C-2000/14, que substitúe o A4FU88HC//18-6, no tramo ATI7030226. A instalación está situada en Vilafría, Atios, no municipio do Porriño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar os posibles os erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 23 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/433-4.

Denominación: substitución no apoio A4FU88HC//18-6 na LMTA ATI7030226.

Concello: O Porriño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Vilafría, Atios 107

Rústico

36039A029004260000DS

CMVMC de Atios

1

1,44