Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2022/293-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Parque Comercial A Revolta, S.L.; NIF: B70576459.

Domicilio social: rúa Titanio 1-4, polígono de Bértoa, 15105 Carballo.

Título: LMTS, RBTS, CS e 3 CT de 400 kVA para Parque Comercial A Revolta, S.L., na avenida Revolta 19, no concello de Carballo.

Situación: avenida Revolta, nº 19, 15102 Carballo.

Características técnicas:

Instalación eléctrica de alta tensión, formada por:

• Liña de alta tensión subterránea de 15 kV, con inicio e fin en empalmes realizados na arqueta proxectada na liña de distribución existente CBL702, no tramo comprendido entre o CT 15CMJN e o CT 15SBQC, logo de entrar e saír no centro de seccionamento e nos centros de transformación proxectados, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al, 1.426 m.

• Centro de manobra e seccionamento 3L telecontrolado, prefabricado, composto por tres celas de liña e unha de servizos auxiliares (24 kV, 400 A, 16 kA).

• 2 centros de transformación prefabricados de manobra exterior, compostos, cada un, por 2 celas de liña, 1 cela de protección con fusibles (24 kV, 400 A, 16 kA) e transformador de 400 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación de transformación 15/0,42 kV.

• 1 centro de transformación compacto en local de obra civil, composto por 2 celas de liña, 1 cela de protección con fusibles (24 kV, 400 A, 16 kA) e transformador de 400 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación de transformación 15/0,42 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310), e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puider incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 10 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña