Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 30 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego (lote 269).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir, publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderase interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de novembro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a
(DNI/NIE)

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

X3535952R

X3535952R/17-08-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Porriño, O

35484662D

35484662D/13-07-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

36030356M

36030356M/05-10-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

54319649C

54319649C/02-06-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Cangas

77012345L

77012345L/14-07-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Moaña

78733294Q

78733294Q/20-05-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Moaña

X4156560T

X4156560T/18-07-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

Y5000527L

Y5000527L/15-06-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo