Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 30 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se poidan efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir, publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderase interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Lugo, 30 de novembro de 2022

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

32962120S

32962120S/04-11-2022/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Monterroso

33539193H

33539193H/14-09-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

34278831E

34278831E/01-09-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

34351545X

34351545X/07-09-2022/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Chantada

35653189S

35653189S/05-09-2022/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Viveiro

35655653H

35655653H/05-09-2022/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Viveiro

45163146R

45163146R/16-09-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

X3250865E

X3250865E/12-09-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

X9888851R

X9888851R/20-10-2022/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Viveiro

34309584R

34309584R/26-08-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

46090459T

46090459T/28-07-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Sarria

X5775545S

X5775545S/14-03-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Viveiro

X7045303N

X7045303N/05-05-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Viveiro