Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 16 de decembro de 2022 Páx. 63905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT LES809 en Novás, no concello de Cuntis, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/127-4).

A instalación denominada recuamento LMT LES809 en Novás foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 11 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 2 de febreiro de 2023, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos no predio que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Cuntis.

A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lle comunicará a data e a hora en que deberá presentarse no seu predio, e é informado de que poderá ir acompañado por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Cando a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o predio afectado sexa descoñecido ou se ignore o lugar de notificación, dirixirase ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 23 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Recuamento LMT LES809 en Novás

Referencia catastral

Lugar

Titular

ml sub

m2 servidume de paso soterrado

2

36015B503002730000EG

Freixo

Descoñecido

1

1,35