Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 16 de decembro de 2022 Páx. 63901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2021/069-1).

Expediente: IN407A 2021/069-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: modificado 2-recuamento LMTS, CT e RBTS Camiño do Martinete, núm. 50.

Situación: concello da Coruña.

Feitos:

1. O 9.4.2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, coa fin de recuar o centro de transformación Camiño do Martinete (15CNP6), situado no Camiño do Martinete, núm. 50, concello da Coruña, instalado no local dunha nave industrial que hai que demoler, proxéctase un novo centro de transformación con envolvente prefabricada de 250 kVA e a liña de media tensión que o alimentará.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado modificado 2-recuamento LMTS, CT e RBTS Camiño do Martinete, núm. 50, asinado por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial, núm. colexiada 2.033 da Coruña, o 26.10.2022.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económia de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte cos artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao concello da Coruña e á mercantil Nedgia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polo concello da Coruña o 20.5.2022 e por Nedgia o 8.11.2022.

4. O 15.11.2022, emitiuse o correspondente informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se aplica neste expediente é a que deseguido se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– LMTS a 15 kV, de 88 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe e remate nos empalmes proxectados en PAR proxectado nun punto da LMT GRN-732 (IN407A 2016/2181-1), entre a subestación da Grela 2 e o CT Grelilla (15CVG0), facendo E/S no CTC proxectado. Retirada da LMTS de alimentación existente do CT Camiño do Martinete (15CNP6) existente que hai que retirar. LMTS canalizada en gabias de dimensións de 0,40 metros de ancho e de 1,40 metros de profundidade, e de 1,20 metros de ancho por 1,60 metros de profundidade no tramo do cruzamento co gasoduto (para manter a distancia regulamentaria entre ambos os servizos), aloxados no interior de tubos de polietileno de alta densidade Ø160mm. de diámetro.

– Novo CT Camiño do Martinete compacto telecontrolado de manobra exterior, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración 2L+1P. Desmantelamento do Camiño do Martinete (15CNP6) existente.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e as prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que xulguen oportunos.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 22 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña