Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 16 de decembro de 2022 Páx. 63950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de novembro de 2022 polo que se fai público o acordo de inicio das actuacións de recuperación do leito dun regato innominado no lugar do Pedrido, no termo municipal de Bergondo, en execución das sentenzas ditadas polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña no procedemento ordinario 281/2015.

A Dirección de Augas de Galicia ditou un acordo de inicio das actuacións para a recuperación do leito dun regato innominado no lugar do Pedrido (TM de Bergondo), en execución das sentenzas ditadas polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña no procedemento ordinario 281/2015.

Unha vez intentada a notificación do acordo por correo certificado, con xustificante de recepción, no domicilio que consta no correspondente expediente de clave AG/RESTDPH/01/2022, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio, notifícaselles o acordo ditado aos membros da comunidade de herdeiros, da cal é representante a persoa con NIF/NIE 32246783R.

Infórmanse as persoas interesadas de que, en virtude do artigo 46 da LPAC, estas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles, desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2022

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia