Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 16 de decembro de 2022 Páx. 63745

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2022 pola que se dá publicidade da Resolución do 28 de outubro de 2022, pola que se encarga a Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de xestión e mantemento dunha rede de seguimento e dinamización xuvenil.

Mediante a Resolución do 28 de outubro de 2022 encoméndase a Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. S.M.E., M.P. (Tragsatec) a execución dun servizo de xestión e mantemento dunha rede de seguimento e dinamización xuvenil.

Coa finalidade de dar cumprimento ao disposto no artigo 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia o contido mínimo da dita resolución:

– Actividade: servizo consistente na xestión e no mantemento dunha rede de seguimento e dinamización xuvenil que busca achegar a mocidade galega á Administración, ofrecéndolles, a través das canles de difusión máis adecuadas, orientación e información dos recursos, programas, convocatorias e actividades destinadas á poboación máis nova. Así mesmo, este programa incluirá o seguimento de resultados e indicadores das anteditas medidas, así como a necesaria dinamización da participación e do asociacionismo xuvenil.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva. Consonte o previsto polos artigos 9 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, e para os efectos previstos nos artigos 6.3 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e segundo a disposición adicional vixésimo cuarta desta lei, Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Consellería de Política Social e Xuventude.

– Prazo de vixencia: o período de execución rematará o 31 de outubro de 2023.

– Financiamento: esta encarga tramítase con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.227.99 dos orzamentos de gastos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023.

O importe total da encargo fíxase en trescentos sesenta e nove mil cincocentos corenta euros con tres céntimos (369.540,03 €).

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2022

A conselleira de Política Social e Xuventude
P.D. (Orde 3.3.2016, DOG nº 54, do 18 marzo)
María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Xuventude