Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 15 de decembro de 2022 Páx. 63567

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 9 de decembro de 2022 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para notarías vacantes.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública do 3 de outubro de 2022 e resolto pola Resolución do 16 de novembro de 2022, e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, co Decreto da Xunta de Galicia 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2022

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

– Gonzalo Díaz Quinteiro, procedente de oposición, para a notaría de Ribeira.

– María del Carmen García Rey, notaria de Muxía, para a notaría de Cangas.

– Alejandro Sauca Núñez de Prado, procedente de oposición, para a notaría de Palas de Rei.

– María Socías Alemany, procedente de oposición, para a notaría de San Sadurniño.

– Borja Franco Güembe, procedente de oposición, para a notaría de Sarria.

– Enrique Manuel Hernánz Pérez, procedente de oposición, para a notaría de Becerreá.

– Andrea Ibarra Blanco, notaria de Ribadeo, para a notaría de Guitiriz.

– Ignacio Garrido García, procedente de oposición, para a notaría de Meira.

– Santiago Botas Ramos, notario de Vilanova de Arousa, para a notaría das Pontes de García Rodríguez.

– Francisco Manuel Mariño Pardo, notario de Foz, para a notaría de Cervo-Burela.

– Susana Rivas Conde, procedente de oposición, para a notaría de Quiroga.