Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete á información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilaboa (expediente IN407A 2022/416-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución do apoio A1V84T37//40, LMTA PSY804 e instalación do reconectador.

Situación: Vilaboa.

Características técnicas: liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110 en dúas actuacións. A primeira actuación é de 102 metros, con orixe no apoio existente A1TEQIUD//39 da LMTA PSY804 e final no apoio proxectado C-7000/16 que substitúe ao A1V84T37//40. A segunda é de 262 metros, con orixe no apoio proxectado C-7000/16 e final no apoio existente A1SRS568//42 da LMTA PSY804. Instalación dun reconectador no apoio proxectado C-7000/16. A instalación está situada en Pazos, Santo Adrán de Cobres, no concello de Vilaboa (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no Portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar os posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 18 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2022/416-4.

Denominación: substitución do apoio A1V84T37//40, LMTA PSY804 e instalación do reconectador.

Concello: Vilaboa.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Barcia

Rústico

36058A068011740000LJ

Descoñecido/a

1

3,24