Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete á información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2022/415-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS VAA708 e CT na Bastida-Couso.

Situación: Gondomar.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1 en dúas actuacións. A primeira actuación é de 83 metros, con orixe no empalme no tramo VAA7080667 e final na cela de liña do centro de transformación proxectado. A segunda é de 83 metros, con orixe no empalme no tramo VAA7080667 e final na cela de liña do centro de transformación proxectado. Centro de transformación, a 400 kVA con RT 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 1593702NG2519S0001TU, no lugar da Bastida, Couso, no concello de Gondomar (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no Portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar os posibles erros na relación de persoas, dos bens e dos dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 18 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2022/415-4.

Denominación: LMTS VAA708 e CT na Bastida-Couso.

Concello: Gondomar.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

Afeccións

m2

lonx.

m2 sub.

1

A Bastida-Couso

Rústico

1593702NG2519S0001TU

Titular: Inyco Galicia, S.L.

Cargas: Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra.

Cesión de cargas: Sareb

CT

16,81

4,01

16,44