Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 1 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai publica a resolución de autorización da ampliación de aproveitamento de recursos da sección A) Naira, número 382, sita no concello de Vilar de Santos, na provincia de Ourense.

A Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, asinou o 24 de novembro de 2022 a resolución pola que se aproba o proxecto de explotación e se autoriza o plan de restauración de ampliación da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Naira, número 382, sita no concello de Vilar de Santos, na provincia de Ourense, cos seguintes datos:

Nome: Naira.

Número de expediente: 382.

Recurso: sección A.

Termo municipal: Vilar de Santos.

Titular: Arenas Naturales da Limia, S.L.

Superficie: 27.790,1 metros cadrados.

Isto faise público para coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://ceei.xunta,gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Ourense, 1 de decembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense