Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións A Toxa, no concello de Meaño (expediente 2022AAE2698).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, do 21 de novembro de 2022, sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións A Toxa, no concello de Meaño.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 2536/2022.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático