Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 12 de decembro de 2022 Páx. 62812

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento PR811A).

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 16 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se convocan para o ano 2022, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 10 de xuño de 2022, de conformidade coa Orde do 16 de marzo de 2022 (DOG núm. 57, do 23 de marzo):

6 proxectos de acción humanitaria no exterior que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD), por un importe global de catrocentos mil euros (400.000,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2022

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior

Número de expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención solicitada

Subvención proposta

PR811A 2022-5

Médicos del Mundo

Mellora da calidade no acceso aos servicios básicos de saúde da poboación afectada pola crise humanitaria no distrito de Montepuez, Cabo Delgado

103.141,00

69.990,00

69.990,00

PR811A 2022-3

Asamblea de Cooperación por la Paz

Fortalecer a atención e protección integral a personas LGTBI+ en situación de vulnerabilidade por violencia, desprazamento forzado e procesos de mobilidade humana no Salvador

78.138,32

70.000,00

70.000,00

PR811A 2022-4

Farmacéuticos Mundi

Atención integral á poboación refuxiada en asentamentos informais en Nairobi, segundo as necesidades específicas de xénero/idade no contexto dunha emerxencia de saúde pública e naturalización da violencia de xénero, Kenya

73.700,00

70.000,00

70.000,00

PR811A 2022-7

Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Asistencia e protección da poboación migrante e refuxiada no Norte de Marrocos (Tánxer e Nador)

80.933,93

69.776,15

69.776,15

PR811A 2022-8

Solidariedade Internacional de Galicia

Resposta ante emerxencias provocadas por secas recorrentes e pandemia COVID-19 en seis comunidades do municipio de San Marcos Colón, Choluteca, Honduras

79.585,23

69.966,55

69.966,55

PR811A 2022-10

Asociación Movimiento por la Paz, el Desarme y la Libertad

Atención médica de emerxencia ás persoas feridas pola violencia na Franxa de Gaza

83.019,00

69.974,00

50.267,30

Total

419.706,70

400.000,00