Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 12 de decembro de 2022 Páx. 63067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 23 de novembro de 2022 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2022000545 e once máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

Primeiro. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

Segundo. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

Terceiro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Cuarto. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de
expediente

Predio

01962-Mellora e integración paisaxística das entradas dos camiños de Santiago en Santiago de Compostela. Ámbito: Camiño Francés. Clave: AC/17/012.10.2

Hros. Ramón Ferreiro López e outros

27.10.2022

2022000545

1

02099-LAT 220 Kv DC Lousame-Mazaricos (expte. IN407A 2010/269-1). Termos municipais de Lousame, Rois, Brión, Negreira, Outes e Mazaricos

Hros. María del Carmen Ferreiro Romarís e outros

27.10.2022

2022000508

AC-NE-82

02100-Expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución dos polígonos residenciais número 1, 2 e 3 da modificación 2ª do Plan parcial San Paio de Navia. Termo municipal de Vigo

Hros. Encarnación Abalde Ulla

29.9.2022

2022000310

390

02104-LMTS punto fronteira A Vila de Abade. Termo municipal de Tordoia (expte. IN407A 2019/89-1)

Hros. Isolina Brea García (rpte. María del Carmen Pereiro Brea)

2.6.2022

2022000326

1

02136-Reforma da intersección p.q. 6+000 da AC-840. Termo municipal de Oza-Cesuras (expte. AC/18/137.06)

Hros. Manuela Joaquina Seoane Fafián

27.10.2022

2022000529

10

02141-Senda peonil e ciclista desde o núcleo de Outeiro de Rei a Guillar. Termo municipal de Outeiro de Rei

José Flores Vigo

29.9.2022

2022000444

77

02152-Acondicionamento LU-P-0210 á Seara (LU-160) San Acisclo (LU-152A), p.q. 5+100 ao p.q. 5+236. Termo municipal de Foz

Fermín Río Cela

29.9.2022

2022000482

5

02153-LMTS TRO701 ao CT Subride. Termo municipal de Vigo (IN407A 2019/230-4)

José María Calderón Orth

29.9.2022

2022000483

1

02154-Itinerario peonil e ciclista na AC-133. Eixe sur. Treito Franza-Rilo p.q. 7+200-8+500. Termo municipal de Mugardos (AC/16/071.06)

Ricardo Vizoso Rodríguez

27.10.2022

2022000485

2

Mercedes Prego García

27.10.2022

2022000487

7

02163-Modificado 2 LMTS. CTC. RBTS. Forte II e anexo 1. Termo municipal de Boqueixón (expte. IN407A 2019/168-1)

Hros. Enrique Oliveira Novo

29.9.2022

2022000538

1

02168-LMT CTC San Roque do Monte. Termo municipal de Vilanova de Arousa (expte. IN407A 2021/153-4)

Vicenta Pomares Zárate

27.10.2022

2022000544

2