Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 12 de decembro de 2022 Páx. 63069

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO de convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal para a selección de varias prazas, polo procedemento de concurso de méritos, incluídas na oferta de emprego público extraordinaria para o ano 2022.

Mediante a Resolución da Alcaldía do Concello de Guntín do 14 de novembro de 2022, pola que se aproban as bases e a convocatoria para cubrir as seguintes prazas: un/unha técnico/a de explotacións agrícolas, tres auxiliares de axuda a domicilio e un/unha peón/peoa limpador/a de edificios municipais, polo procedemento de concurso de méritos.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 262, do mércores 16 de novembro de 2022, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para cubrir as seguintes prazas: un/unha técnico/a de explotacións agrícolas, tres auxiliares de axuda a domicilio e un/unha peón/peoa limpador/a de edificios municipais, polo procedemento de concurso de méritos, e cuxas características son:

Denominación do posto: técnico/a de explotacións agrícolas.

Subgrupo: A2.

Escala: técnico/a medio/a.

Titulación académica: enxeñeiro/a técnico/a agrícola, enxeñeiro/a agrónomo/a ou equivalente en grao.

Núm. de vacantes: 1.

Denominación do posto: auxiliar de axuda a domicilio.

Subgrupo: agrupación profesional.

Escala: servizos especiais.

Titulación académica: certificado de profesionalidade de auxiliar de axuda no fogar ou certificados de profesionalidade que son válidos para institucións.

Núm. de vacantes: 3.

Denominación do posto: peón/peoa limpador/a de edificios municipais.

Subgrupo: agrupación profesional.

Escala: servizos especiais.

Titulación académica: certificado de escolaridade ou superior.

Núm. de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello de Guntín (www.guntin.es).

Guntín, 17 de novembro de 2022

María José Gómez Rodríguez
Alcaldesa