Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 12 de decembro de 2022 Páx. 63082

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 16 de novembro de 2022, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de publicación dos convenios urbanísticos asinados para a cesión voluntaria e gratuíta dos terreos afectados polas obras do proxecto de humanización da estrada provincial EP-2001 Calvario-A Garrida, treito da igrexa de Beade-A Garrida (PO-330), no lugar do Porto (expediente 408/441 e 3560/443).

Nas datas que a seguir se indican, a vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo e os propietarios dos terreos afectados polas obras de humanización da estrada provincial EP-2001, Calvario-A Garrida, treito da igrexa de Beade-A Garrida (PO330), no lugar do Porto, que igualmente se identifican, asinaron os convenios urbanísticos que a seguir se relacionan para a obtención dos terreos dotacionais.

De conformidade co disposto no artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, procede someter os convenios ao trámite de información pública, polo prazo dun mes, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do concello e nun dos periódicos dos de maior difusión da provincia.

O que se fai público para os efectos do sometemento dos devanditos expedientes ao trámite de información pública polo prazo dun mes, contado desde a última publicación deste anuncio e coa indicación de que poderán ser consultados no Departamento de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia Municipal de Urbanismo, praza do Rei, s/n), de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, no prazo anteriormente citado, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

– Poderán pórse en contacto co Departamento de Información de Urbanismo para solicitar cita previa ou para resolver calquera dúbida ao respecto, no teléfono 986 81 03 49.

– Para presentar documentos ou escritos de alegacións, deben solicitar cita previa no Rexistro de Urbanismo no teléfono 986 81 03 44.

Os convenios que se someten ao trámite de información pública son os concluídos con:

Asinante/s

Data de sinatura do convenio

Parcela/s do parcelario de terreos afectados pola execución do proxecto

Osinda Alonso Costas, representada por José Antonio Correa Alonso

27.10.2022

1B

Manuel Pérez Estévez e María Alba Alonso Novoa

26.10.2022

1A

Sergia, Emilio, Celso e María Esther Abalde Bastos

10.5.2022

26B e 92A

Yasmín Fernández Villar

22.3.2022

103

Guillermo Pérez Alonso

24.2.2022

61D e 63A

Aurelio Costas Prado e Marivel Bastos Figueroa

24.2.2022

89C

Olga Salgueiro Estévez

24.2.2022

42

Secundino Costas Alonso

24.2.2022

91

María Beatriz Otero Abalde e José Otero Portela

29.12.2021

3 e 115

Juana Abalde Bastos

22.4.2021

20

Ángel Costas Otero

22.4.2021

51

Benito Costas Comesaña

22.4.2021

82A

José Antonio Costas Comesaña

22.4.2021

100

Vigo, 16 de novembro de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo