Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62788

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 206/2022).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta administración, e de acordo co establecido no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestionar a biomasa na parcela de referencia catastral 36025A005009080001HM (parcialmente), que na súa parte dispositiva establece:

Primeiro. Non procede a estimación ou desestimación de ningunha alegación posto que segundo consta no certificado expedido pola Secretaría o 22 de setembro de 2022, non se presentaron alegacións en referencia ao cumprimento das obrigacións incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral:

36025A005009080001HM (parcialmente)

Localización:

lg. Brexiña-A Lama

Segundo. Efectuar comunicación definitiva para lembrarlle ao responsable o cumprimento das obrigacións incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral:

36025A005009080001HM (parcialmente)

Localización:

lg. Brexiña-A Lama

Superficie parcela:

5.019,30 m2 = 0,5019 ha

Superficie:

3.863,20 m2 = 0,3863 ha

Rede de defensa contra incendios:

Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Neste caso, cabe sinalar que unicamente se denuncia parcialmente a parcela con referencia catastral 36025A005009080001HM, atopándose aproximadamente 2.391 m2 afectados por esta denuncia.

Terceiro. Posto que no constan no Concello datos recentes sobre a titularidade do dereito de aproveitamento dos terreos denunciados, procedese a considerar responsables as persoas que figuren como titulares no catastro inmobiliario.

Deste xeito, a persoa responsable da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas é Jesús Fernández García (o propio denunciante), segundo o descrito na Dirección Xeral do Catastro.

Cabe sinalar que o denunciante indica no escrito presentado que existe un erro catastral e que a parte da parcela con referencia catastral 36025A005009080001HM que el denuncia (sinalada nunha foto aérea xunta á solicitude) non é da súa propiedade e que descoñece quen é o propietario.

Polo tanto, ao tratarse dun persoa responsable descoñecida, procederase ao descrito na alínea c) do punto oito da instrución, polo que se efectuará a notificación directamente mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, así como no taboleiro de anuncios do Concello, segundo o indicado no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Cuarto. De acordo co informe técnico municipal, emitido o 12.8.2022, e ratificado no informe técnico municipal, emitido o 22.9.2022, apreciáronse as seguintes deficiencias:

Parámetros de xestión de biomasa

Área de actuación

Faixa 0-10 metros

Faixa 10-30 metros

Faixa 30-50 metros

Estrato arbóreo:

– Piñeiro galego

– Piñeiro do país

– Piñeiro silvestre

– Piñeiro de Monterrey

– Piñeiro de Oregón

– Mimosa

– Acacia negra

– Eucalipto

(disposición adicional terceira)

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbustivo:

– Queiruga

– Carqueixa

– Uz, carpaza

– Xesta

– Piorno

– Fento

– Silva

– Toxo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato herbáceo:

– Todas as herbáceas

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbóreo:

Frondosas caducifolias:

– Ameneiro

– Pradairo

– Bidueiro

– Freixo/Freixa

– Castiñeiro

– Carballo

– Cerdeira

– Cerquiño

– Sobreira

– Aciñeira

– Abeleira

– Faia

– Umeiro

– Loureiro

– Sorbeira do monte

– Capudre

– Nogueira

– Érbedo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Permitido:

Clareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores <11,4 m de altura: poda ata 1/3 altura.

– Árbores >11,4 m de altura:

Poda mínima 4 m.

 Cumpre

 Non cumpre

Permitido:

Clareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores <11,4 m de altura: poda hasta 1/3 altura.

– Árbores >11,4 m de altura:

Poda mínima 4 m.

 Cumpre

 Non cumpre

Vexetación seca:

Arbórea, arbustiva e herbácea

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

A parte da parcela denunciada conta con extracto arbóreo (incluído na disposición adicional 3ª: piñeiro, mimosa, acacia e eucalipto), arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión, incumprindo deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación na parte denunciada da parcela (2.391,00 m2).

Quinto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte á recepción da notificación da comunicación definitiva tras o trámite de audiencia ou á publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado tras o trámite de audiencia), para que o responsable proceda á realización das actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Sexto. Transcorrido o dito prazo, que os servizos técnicos municipais realicen visita de comprobación e emitan informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.

Sétimo. Apercibir o responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, de que, se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello procederá, sen máis trámites, á súa execución subsidiaria.

Lembrarlle ao responsable, se é o caso, a obrigación que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.

Oitavo. Determinar que, segundo valoración técnica, a liquidación provisional dos custos aos que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:

Ud.

Actuación

Prezo unitario

Cantidade

Importe

ha

Roza matogueira c/ motorrozadoira, ø=3-6 cm, pte.<30 %

1.783,54 €

0,2391

426,44 €

Roza manual empregando motorrozadoira dunha matogueira de diámetro basal comprendido entre 3 e 6 cm, en terreos con pendentes inferiores ao 30 %, e cunha superficie cuberta do 100 %, respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. No caso de que a superficie cuberta sexa inferior ao 100 %, a medición verase afectada por un coeficiente redutor equivalente á proporción de superficie cuberta expresada en tanto por un

Apeo árbores ø >20-<=30 cm

0,75 €

40

30,00 €

Corta manual de pés, con diámetro normal superior a 20 cm e inferior ou igual a 30 cm, densidade menor ou igual a 750 pes/ha

m3

Tronzadura de fustes de ø >20-<=30 cm

2,66 €

62,8

167,05 €

Tronzadura mediante motoserra, de árbores de diámetro normal superior a 20 cm e inferior o igual a 30 cm, en trozas de 2,2 m

ha

Recollida e empillamento de residuos, dens<10 t/ha, pte.<30 %

274,01 €

0,2391

65,52 €

Recollida e empillamento de residuos forestais procedentes conxuntamente de rozas, podas e/ou claras ou clareos, con densidade inferior a 10 toneladas/hectárea, distancia máxima de recollida de 30 metros e pendente do terreo inferior ao 30 %

ha

Queima de residuos, densidade <10 t/ha (Seaga)

190,47 €

0,2391

45,54 €

Queima controlada de residuos forestais apilados procedentes de tratamentos silvícolas, con distancias entre piras inferiores a 20 m, e cunha densidade de residuo inferior a 10 toneladas por hectárea

Total actuación

734,55 €

Coa advertencia de que, en caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, se procederá á exacción do importe ao que ascende a liquidación provisional.

Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda una vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.

Noveno. Advertir que, en caso de persistencia no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.

Así mesmo, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Décimo. Notificarlles esta resolución aos interesados.

Recursos procedentes: contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa ou indirectamente, sobre o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar co procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, que poderá fundamentar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpoñer o recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

A Lama, 30 de setembro de 2022

Jorge Canda Martínez
Alcalde