Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62658

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 5 de decembro de 2022 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 13 de maio de 2022 pola que se modifica parcialmente a Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa segunda convocatoria para os exercicios 2022 e 2023 (código de procedemento TR301K).

A Orde do 16 de abril de 2021, publicada no DOG núm. 81, do 30 de abril, estableceu as bases reguladoras que rexerán as convocatorias de subvencións para impartir as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023.

O seu obxecto é concretar as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto as convocatorias públicas como a execución das accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, xestionadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través das súas xefaturas territoriais.

Posteriormente, mediante a Orde do 13 de maio de 2022, DOG núm. 102, do 30 de maio, modificouse parcialmente a Orde do 16 de abril de 2021 e realizouse a segunda convocatoria de subvencións para os exercicios 2022 e 2023.

Mediante a Resolución do 14 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, publicada no DOG núm. 183, do 26 de setembro, redistribuíronse os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 13 de maio de 2022 entre as distintas aplicacións orzamentarias co fin de adecuar a súa distribución en función das entidades que resultaron beneficiarias da subvención (empresas, entidades locais ou entidades sen ánimo de lucro).

No segundo parágrafo do artigo 3.3, a Orde do 13 de maio de 2022 establece que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Dado o elevado volume de solicitudes presentadas e resoltas, e para os efectos de realizar unha eficaz e equilibrada distribución das accións formativas por todo o territorio da Comunidade Autónoma, cómpre ampliar, con crédito xerado e coa finalidade de incrementar o número e a diversificación das accións formativas, o importe dos créditos destinados á segunda convocatoria de subvencións para o financiamento das accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2022 e 2023.

Consecuentemente con todo o anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, DOG núm. 23, do 21 de marzo, reguladora da Xunta e a súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación de crédito

Amplíase, ao abeiro do disposto na Orde do 13 de maio de 2022, o importe total dos créditos destinados á segunda convocatoria de subvencións para o financiamento das accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2022 e 2023, nas contías e con créditos procedentes dunha xeración de fondos finalistas nas aplicacións e proxectos que a seguir se relacionan:

Crédito

Aplicación

Proxecto

Importe

Importes totais

2022

2023

Inicial

segundo redistribución da Resolución do 14 de setembro de 2022

11.05.323A.460.1

2021 00149

819.131,95 €

2.660.690 €

3.479.821,95 €

11.05.323A.471.0

20.409.333,04 €

14.920.350 €

35.329.683,04 €

11.05.323A.481.0

3.004.946,01 €

7.952.138 €

10.957.084,01 €

Crédito inicial

24.233.411 €

25.533.178 €

49.766.589,00 €

Ampliación

11.05.323A.460.1

2021 00149

391.632,03 €

921.086,37 €

1.312.718,40 €

11.05.323A.471.0

3.331.307,05 €

7.313.285,00 €

10.644.592,05 €

11.05.323A.481.0

927.254,27 €

1.885.916,98 €

2.813.171,25 €

Ampliación de crédito

4.650.193,35 €

10.120.288,35 €

14.770.481,70 €

Crédito total (inicial + ampliación)

28.883.604,35 €

35.653.466,35 €

64.537.070,70 €

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade