Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 4 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, sobre a solicitude de declaración mineral natural das augas da captación denominada O Paraño S-2, número 101, no concello de Boborás (Ourense).

Consonte o artigo 5 da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 4 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, dáse a coñecer que á instancia da mercantil Aguas do Paraño, S.L., se solicitou a declaración mineral natural das aguas procedentes da sondaxe denominada O Paraño S-2, núm. 101, situada no punto que responde as seguintes coordenadas (ETRS89, fuso 29): X=562.668,78 e Y=4.704.924,92.

Ourense, 4 de novembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense