Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 21 de novembro de 2022 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente COR/76/2021-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/76/2021-RP1 ás persoas titulares dos documentos nacionais de identidade número 32845813-L e 32815222-H, en relación coas obras que se levaron a cabo no lugar de Vigo, parroquia de Callobre, no termo municipal de Miño, provincia da Coruña.

O expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentaren alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística