Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 21 de novembro de 2022, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica resolución de baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 7 de novembro de 2022, de baixa do establecemento que no anexo se menciona, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar polos medios habituais.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 21 de novembro de 2022

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: Kaserna Árabe.

Sinagtura: TR-LU-000152.

Interesada: Dolores María Mao López.

Enderezo: O Souto-San Martiño.

Concello: Bóveda.

Provincia: Lugo.