O Pleno do Concello de Allariz, en sesión extraordinaria do día 27 de outubro de 2022, acordou aprobar a modificación puntual número 6 do Plan xeral de ordenación municipal de Allariz. Convenio urbanístico de Acearrica, e de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. O citado anuncio publicarase igualmente no xornal La Región de Ourense.
Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.
Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello:
(https://allariz.sedelectronica.gal).
Este anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.
Allariz, 23 de novembro de 2022
María Cristina Cid Fernández
Alcaldesa