Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61676

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento TR802H e TR358D).

En cumprimento do disposto no artigo 10.1 da Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2022 (DOG núm. 15, do 24 de xaneiro de 2022), resolvo que se proceda á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo, cun importe total de 309.291,66 euros, con cargo á aplicación 11.04.324C.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2022.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo
e Economía Social

ANEXO

Programa I: fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

Aplicación: 11.04.324C.481.1.

Entidade beneficiaria

Contía

Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia-Aesgal

15.394,74

Unión de Cooperativas Espazocoop

100.000,00

Unión de Cooperativas Galegas do Transporte-Ucogatra

14.605,26

Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-Agaca

100.000,00

Programa II: fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción laboral.

Aplicación: 11.04.324C.481.1.

Entidade beneficiaria

Contía

Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de

Lucro-Cegasal

34.291,66

Asociación de Empresas de Inserción de Galicia-Aeiga

35.000,00

Asociación para la Promoción de Actividades de Integración Sociolaboral en Centros Especiales de Empleo-Aspais

10.000,00