Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 29 de novembro de 2022 Páx. 61607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 14 de novembro de 2022 polo que se notifican as resolucións de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Vilalba (expediente SCOVID/VILALBA/0257 e tres máis).

O Concello de Vilalba ditou resolución dos expedientes sancionadores SCOVID/VILALBA/0257 e tres máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación das resolucións ditadas nos procedementos sancionadores en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publican na súa integridade as notificacións referidas, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro dos actos que se notifican está á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Vilalba, situadas na praza da Constitución, 1, Vilalba, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

As resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas só cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que as persoas demandantes teñan o seu domicilio ou aquela en que se encontre a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entenderase limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que estean dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para realizar actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2022

Fátima Sanmiguel Santiso
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF da

persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

SCOVID/VILALBA/0257

37797346C

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga

Artigo 57.2.c).1º da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/VILALBA/0268

33313121J

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga

Artigo 57.2.c).1º da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/VILALBA/0363

33816887X

Incumprimento da obriga de uso de máscaras ou doutros medios de protección ou o uso inadecuado dunhas ou doutros, nos termos establecidos pola normativa sanitaria ou polas medidas de prevención, ordes, resolucións ou actos aprobados, por razóns de protección da saúde pública, polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/VILALBA/0374

33325223V

Incumprimento, por parte da persoa titular da instalación, establecemento, empresa ou actividade, e con ocasión do seu funcionamento ou desenvolvemento, da obriga de previr a comisión dalgunha das infraccións leves previstas nesta lei por parte das persoas suxeitas á súa dependencia ou vinculación

Artigo 41.bis.n) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

300 euros