Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo na Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, mediante a Orde de 23 de setembro de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 191, do 6 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,
DISPOÑO:
Primeiro. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ao persoal funcionario que se expresa no anexo I desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 23 de setembro de 2022.
Segundo. O cesamento no actual destino do persoal funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Terceiro. A Xefatura do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderana impugnar directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2022
Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación
ANEXO I
Apelidos e nome: Segade Castro, Margarita María.
DNI: ***3253**.
Grupo/subgrupo: A2.
Corpo/escala: 2077-Corpo facultativo de grao medio. Escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola.
Código do posto: EI.301.00.000.15770.030.
Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Ordenación e Coordinación.
Nivel: 28.
Dependencia: Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Localidade: Santiago de Compostela.
* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.