Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 29 de novembro de 2022 Páx. 61559

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022 pola que se dá publicidade da resolución de concesión do concurso Eduemprende Idea 2022, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (código de procedemento IG650A).

Mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 70, do 11 de abril) publicáronse as bases reguladoras do concurso Eduemprende Idea 2022, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, e realizouse a súa convocatoria para o ano 2022 en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 11.2 que a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución de concesión do 18 de outubro de 2022 do concurso Eduemprende Idea 2022, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, no enderezo https://www.igape.gal/gl/resolucions-definitivas. O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. A resolución do 18 de outubro de 2022 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpor un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director do Instituto Galego de Promoción Económica