Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 29 de novembro de 2022 Páx. 61652

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle en Guntimil.

O Pleno da corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 3 de novembro de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de iniciativa privada elaborado en xuño de 2021 polo arquitecto Vítor Dorrio Conde, que afecta a modificación de aliñacións nunha área delimitada no solo de núcleo rural de extensión de Guntimil, deste municipio, e co cal se pretende exclusivamente a modificación das aliñacións establecidas na ordenanza décimo terceira do Plan xeral de ordenación municipal de Xinzo de Limia para o solo de núcleo rural de extensión, aprobado inicialmente mediante o Acordo da Xunta de Goberno local do 4 de marzo de 2022 e que desenvolve o Plan xeral de ordenación urbana de Xinzo de Limia, quedando extinguida a suspensión de licenzas.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle, no Boletín Oficial da provincia, co fin de que entre en vigor dito instrumento de planeamento.

Terceiro. Notificar o presente acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicarlle á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio a aprobación do estudo de detalle referido, á vez que se lle dá traslado dunha copia autenticada de dous exemplares deste con todos os planos e documentos que o integran.

Quinto. Facultar o alcalde presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto.

Sexto. Notificarlles o presente acordo aos servizos técnicos municipais e ao concelleiro de Urbanismo para os efectos do seu coñecemento».

Descrición do acordo:

1. Suprímese a aliñación oficial fixada a 3,00 m da liña de cerramento na fronte da parcela. No seu lugar, establécese un recuamento mínimo de 3,00 m respecto da liña de cerramento.

2. Suprímese tamén o fondo máximo edificable establecido en 14,00 m. Non tería sentido por tratarmos dunha tipoloxía edificatoria de vivenda unifamiliar onde non se persegue a uniformidade.

3. Mantéñense os recuamentos exixibles a lindes laterais e posterior (3,00 m).

4. Non se modifican os parámetros xa establecidos de ocupación (25 %) e de edificabilidade (0,6 m2/m2).

Xinzo de Limia, 7 de novembro de 2022

Elvira Lama Fernández
Alcaldesa