Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 29 de novembro de 2022 Páx. 61631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2022 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e das bateas R.T. I e Lema I.

Visto os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das batea R.T. I e Lema I das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 31 de marzo de 2022, Manuela Martínez Lijó solicitou autorización para a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas R.T. I e Lema I.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, de 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Manuela Martínez Lijó (***0655**), Esperanza Martínez Lijó (***5422**) e Antonio Martínez Lijó (***8123**) das concesións administrativas e dos establecementos que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: R.T. I.

Situación:

Cuadrícula nº: 66.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 13.6.1962.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Antonio Martínez Lojo (***5677**), Esperanza Martínez Lijó (***5422**), Antonio Martínez Lijó (***8123**) y Manuela Martínez Lijó (***0655**).

Novos titulares: Manuela Martínez Lijó (***0655**), Esperanza Martínez Lijó (***5422**) y Antonio Martínez Lijó (***8123**).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Lema I.

Situación:

Cuadrícula nº: 7.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 14.10.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Antonio Martínez Lojo (***5677**), Esperanza Martínez Lijó (***5422**), Antonio Martínez Lijó (***8123**) y Manuela Martínez Lijó (***0655**).

Novos titulares: Manuela Martínez Lijó (***0655**), Esperanza Martínez Lijó (***5422**) y Antonio Martínez Lijó (***8123**).

Os novos titulares das concesións quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 8 de novembro de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña