Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 29 de novembro de 2022 Páx. 61630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de novembro de 2022, do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Briallos (Portas, Pontevedra).

Ponse en coñecemento das persoas interesadas na reestruturación parcelaria da zona de Briallos (Portas, Pontevedra), que con data do 2 de novembro de 2022, a directora xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

En cumprimento do establecido no artigo 35 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, unha vez revisada a documentación e os planos que o compoñen, polo presente acto apróbase o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Briallos (Portas-Pontevedra).

Conforme o disposto no punto 3 do artigo 16 da antedita lei, queda disolta a Xunta Local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación persoal ou publicación substitutiva.

Pontevedra, 11 de novembro de 2022

María José Pérez Gil
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra