Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 25 de novembro de 2022 Páx. 61093

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

DECRETO 200/2022, do 24 de novembro, polo que se concede o título de embaixador de honra do Camiño de Santiago, a título persoal, a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.

En atención ao labor de divulgación, promoción e coñecemento do Camiño de Santiago e dos valores xacobeos, e ao abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 163/2013, do 24 de outubro, polo que se regula a concesión do título de embaixador de honra do Camiño de Santiago, é vontade do Goberno galego outorgarlle esta alta distinción á persoa que se indica a seguir.

Polo tanto, por proposta do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e catro de novembro de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Concederlle o título de embaixador de honra do Camiño de Santiago, a título persoal e con carácter vitalicio, a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.

Santiago de Compostela, vinte e catro de novembro de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes