Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 25 de novembro de 2022 Páx. 61098

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 17 de novembro de 2022 pola que conceden a Cruz de prata da Xunta de Galicia ao mérito policial, os distintivos de permanencia e as distincións honoríficas ao persoal da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e ás persoas que colaboran con ela.

No Decreto 122/2016, do 8 de setembro, polo que se regula a concesión de condecoracións, distintivos de permanencia e distincións honoríficas outorgados pola Xunta de Galicia ao persoal da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia ou a persoas e institucións que colaboren con ela, establécense os requisitos, o procedemento e os efectos da concesión das condecoracións, dos distintivos de permanencia e das distincións.

Esta Unidade do Corpo Nacional de Policía adscribiuse á Comunidade Autónoma de Galicia mediante a Orde do 19 de xuño de 1991, do Ministerio do Interior, e comezou a desempeñar as súas funcións no mes de outubro de 1991. Durante estes 31 anos de servizo púxose de manifesto en numerosas actuacións policiais a entrega, a profesionalidade, o valor e o compromiso dos seus membros.

Para recoñecer a actividade realizada polo persoal desta unidade por exceder con carácter extraordinario o seu normal cumprimento profesional en beneficio da liberdade, da seguridade e da convivencia da cidadanía, procede outorgar a Cruz de prata da Xunta de Galicia ao mérito policial a título individual. Do mesmo modo, como agradecemento ao servizo continuado na unidade garantindo o exercicio e o respecto dos dereitos e liberdades, cómpre conceder os distintivos de permanencia ao persoal que cumpre 25 e 15 anos de servizo, e entregar ao persoal da unidade que leve 2 anos de servizo efectivo nela un distintivo básico de pertenza.

Así mesmo, outórgase a distinción honorífica a aquelas persoas doutros corpos ou colectivos pola súa destacada colaboración co persoal desta unidade.

Polo exposto, de conformidade coa proposta efectuada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e co establecido no artigo 10 do citado Decreto 122/2016, do 8 de setembro,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Outorgar a Cruz de prata da Xunta de Galicia ao mérito policial a título individual ao persoal que se relaciona no anexo I, como recoñecemento público aos servizos meritorios de carácter extraordinario prestados en beneficio da seguridade pública.

2. Conceder os distintivos de permanencia ao persoal da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, por ter cumpridos 25 ou 15 anos de servizo, así como a entrega do distintivo básico de pertenza ao persoal que leve 2 anos de servizo efectivo nesta unidade, que figura nos seguintes anexos:

Anexo II. Concesión dos distintivos de permanencia, coa barra azul, aos 25 anos de servizo na Unidade.

Anexo III. Concesión dos distintivos de permanencia, coa barra branca, aos 15 anos de servizo na Unidade.

Anexo IV. Entrega dos distintivos básicos de permanencia aos 2 anos de servizo na Unidade.

3. Outorgar a distinción honorífica ás persoas que se relacionan no anexo V, como recoñecemento ao seu labor de especial apoio e colaboración coa Unidade adscrita.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2022

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO I

Cruz de prata da Xunta de Galicia ao mérito policial

Nº orde

Categoría

Apelidos

Nome

1

Comisario xefe

Rubal Pena

Jorge M.

2

Inspector xefe

García Amigo

Javier

3

Inspector

Rivo Iglesias

Breogán

4

Subinspector

Fernández García

José Carlos

5

Oficial

Millares Andión

María Esther

6

Oficial

Filgueira Abilleira

Santiago

7

Policía

Bande Bande

Alfonso

8

Policía

Ferreiro Ferreiro

José Manuel

9

Policía

Vidal Arce

José Ramón

10

Policía

Álvarez Ruibal

José Antonio

11

Policía

Domínguez Feijoo

Ricardo

12

Policía

Ogando Fernández

Rubén

13

Policía

Lago Ballesteros

Mario

14

Policía

Gómez Martín

Javier

ANEXO II

Distintivo de permanencia 25 anos

Nº orde

Categoría

Apelidos

Nome

1

Oficial

Díaz Conde

Mª Luisa

2

Oficial

Humada Sánchez

Mario

3

Oficial

Rodríguez Núñez

Emilio

4

Oficial

Vázquez Porto

Juan José

5

Policía

Darriba Andión

Alfonso

6

Policía

Fernández Bretaña

Benito

7

Policía

Piñeiro Garrido

José Luis

8

Policía

Alleres Pérez

José Modesto

9

Policía

Antela Puga

Manuel Arlindo

10

Policía

Calvo Raposo

Mª de los Ángeles

11

Policía

Estévez Iglesias

José Miguel

12

Policía

Fernández Fernández

José Manuel

13

Policía

Fernández Pérez

José Joaquín

14

Policía

Lamela Freire

Francisco Javier

15

Policía

Lobato Buján

Abel

16

Policía

Martínez Álvarez

Ángel Andrés

17

Policía

Quintana Devesa

Guillermo

18

Policía

Sánchez Valiña

José Ennio

19

Policía

Valledor Rodríguez

Marta

20

Policía

Álvarez Ruibal

José Antonio

21

Policía

Araújo Rodríguez

Ricardo

22

Policía

Araújo Sánchez

José Carlos

23

Policía

Bouzas Fernández

José Ramón

24

Policía

Calderón Sánchez

Francisco Javier

25

Policía

Campos Rodríguez

José Manuel

26

Policía

Díaz Cornide

Juan José

27

Policía

Domínguez Fernández

Juan Carlos

28

Policía

Domínguez López

Luis

29

Policía

Fernández López

José Antonio

30

Policía

Fernández Malvesado

Santiago

31

Policía

Fociños Frade

Fernando

32

Policía

González Pereiro

David

33

Policía

Iglesias Cid

Mª del Pilar

34

Policía

Maceiras Vázquez

José Antonio

35

Policía

Menéndez Aneiros

Joaquín

36

Policía

Novo Fernández

Alfredo

37

Policía

Pereiro Aguiar

José Manuel

38

Policía

Pérez Iglesias

Juan Ángel

39

Policía

Pires Juncal

Mª Jesús

40

Policía

Rivas Rodríguez

José María

41

Policía

Rodríguez Otero

Nuria

42

Policía

Rodríguez Paz

José

43

Policía

Tanoira Tourís

Manuel

ANEXO III

Distintivo de permanencia 15 anos

Nº orde

Categoría

Apelidos

Nome

1

Inspector

Díaz Orjales

Vicente

2

Subinspector

Pérez Diz

José Antonio

3

Subinspector

Cid Pérez

José Luis

4

Oficial

Millares Andión

Mª Esther

5

Oficial

Bangueses Quintana

Rubén

6

Oficial

Rama Rivera

Enrique

7

Oficial

Rodeiro Servia

Abel

8

Policía

Antelo Collazo

María Mabel

9

Policía

Balvís Gallego

José Ramón

10

Policía

Bermúdez Paredes

Rocío

11

Policía

Calles Paz

Ernesto

12

Policía

Conde Vide

Agustín

13

Policía

Domínguez Feijoo

Ricardo

14

Policía

Figueiras García

Marcos

15

Policía

Fontán Paz

Silvia

16

Policía

Franco López

Jorge

17

Policía

Garabal Moure

Juan Luis

18

Policía

García García

Fernando

19

Policía

González Feijoo

Santiago

20

Policía

Insua Iglesias

Susana María

21

Policía

Maquieira Otero

Francisco Javier

22

Policía

Martínez González

José Ramón

23

Policía

Morenza Pérez

Silvia

24

Policía

Ogando Fernández

Rubén

25

Policía

Pérez Cabido

José Iván

26

Policía

Rodríguez Bello

Rubén

27

Policía

Rodríguez García

Héctor

28

Policía

Souto Pol

Mario Antonio

29

Policía

Sulleiro Pérez

Marcos

30

Policía

Valero Alonso

Leonardo

31

Policía

Vázquez Cerceda

Patricia

ANEXO IV

Distintivo básico de permanencia

Nº orde

Categoría

Apelidos

Nome

1

Inspector

Vázquez Fernández

Francisco José

2

Inspector

González Andión

Pablo

3

Subinspector

Fernández García

José Carlos

ANEXO V

Distinción honorífica

Categoría

Apelidos

Nome

Comisario da Policía Nacional

Vázquez Salgado

Juan Cástor

Policía Nacional

Diz Noya

Francisco Ramón

Policía Nacional

Goce Ulbeira

Bruno

Tenente coronel da Garda Civil

López Pinel

Rafael

Intendente da Policía Local de Lugo

Piñeiro Santos

Jesús

Tenente da Garda Civil

Blanco Fernández

David

Tenente da Garda Civil

González Fernández

Francisco Javier

Director xeral de Emerxencias e Interior

Villanueva Álvarez

Santiago

Xerente da Axencia Galega de Emerxencias

Araújo Pereira

Marcos

Técnico de Operacións e coordinador do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias

Argibay Fernández

José Antonio