Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 25 de novembro de 2022 Páx. 61191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acto de ocupación e requirimento de follas de valoración á persoa afectada pola execución do proxecto LMT, CT e RBT Cubelas e Ribeira, no concello de Vedra.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmaselle á persoa afectada pola expropiación do acto de ocupación do predio afectado e o requirimento das súas follas de valoración relativas aos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica referenciada no primeiro parágrafo, que figuran no cadro anexo.

A data de ocupación será o 18 de novembro de 2022 e a partir desa data poderá a persoa interesada presentar a súa folla de valoración segundo o previsto no artigo 30 da Lei de expropiación forzosa.

A persoa interesada poderá acudir á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., como beneficiaria da expropiación, para que lle facilite canta información precise para coñecer a afección sobre o predio, un posible acordo económico, ou a rectificación da titularidade ou do enderezo, de ser o caso, chamando ao teléfono 981 01 45 00, Departamento de Tramitacións da Delegación da Coruña.

A Coruña, 11 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/169-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Cubelas e Ribeira.

Concello: Vedra.

Nº de predio

Lugar

Titular

Data

3

Vedra

Casimiro Barco Veiga

18.11.2022