Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 25 de novembro de 2022 Páx. 61193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o pagamento dos xustos prezos correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2020/89-1, no concello da Coruña.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao pagamento dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica sinalada no anexo, acto que se realizará o 28 de novembro de 2022, entre as 10.15 e as 10.30 horas, no Centro Cívico de Palavea (praza Padre Busto, nº 1), do concello da Coruña.

Os pagamentos faranse de acordo co previsto no artigo 3 da Lei de expropiación forzosa. As persoas presentarán o seu DNI e os documentos que avalen a titularidade. No caso de que o titular non poida comparecer ou compareza alguén que actúe en representación dunha pluralidade de titulares, este deberá acreditar a súa condición mediante poder de representación ou documento privado asinado polo/a titular ou titulares e, ademáis do seu, presentará copia do DNI das persoas representadas.

Se o pagamento non se pode efectuar no día sinalado, a entidade beneficiaria consignará a indemnización na Caixa de Depósitos da Consellería de Facenda. Este trámite será notificado aos interesados xunto coas instrucións para tramitar a desconsignación.

A Coruña, 11 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/89-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforzo LMT EIR721 Alimentación Begano-Alfonso Molina.

Concello: A Coruña.

Predio nº

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

4

8380604NH498850001UI

Herdeiros de Juan Veira Fernández

28.11.2022

10.15

7

8380600NH498850001JI

Herdeiros de Luisa Veira Fernández

28.11.2022

10.30