Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 25 de novembro de 2022 Páx. 61242

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de dotacións e infraestruturas para o centro de día Sor Rosario Fernández Pereira, na parroquia de Borreiros.

Mediante o Acordo do Pleno do 6 de xuño de 2022 aprobouse definitivamente o Plan especial de dotacións e infraestruturas para o centro de día Sor Rosario Fernández Pereira, o que se publica para os efectos dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 199 e 208 do seu regulamento.

O acordo literal é o seguinte:

«Primeiro. Prestar a aprobación definitiva ao Plan especial de dotación e infraestruturas para o centro de día Borreiros. Gardaría San José, redactado polo arquitecto Modesto Martínez Sienes, colexiado número 2162 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e asinado con data 6 de maio de 2022 (constituído polos seguintes documentos: Documentos NNTTPP_ANEXO_6_FD, NNTTPP_ANEXO_7_FD e NNTTPP_ANEXO_9_FD con NRE 2022-E-RE-1357 e documento para aprobación definitiva PLAN ESPECIAL DOTACIONAL_Centro de día_DOC, presentado no Rexistro Xeral o día 6 de maio de 2022 con NRE 2022-E-RE-1431, composto de 49 páxinas e 13 planos...).

Segundo. Publicar o citado instrumento do plan, de acordo co disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o regulamento da citada lei, de modo que alcance a necesaria eficacia xurídica coa súa entrada en vigor.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro do Plan Urbanístico de Galicia, achegando un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificarlles o presente acordo a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a aprobación inicial».

O contido íntegro do dito plan queda á disposición do público na sede electrónica do Concello de Gondomar: https://netcomsi.dyndns.org:5001/sharing/UrWKs7SmH

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan especial, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se aproba unha disposición administrativa de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Gondomar, 24 de outubro de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución do 5.7.2019; BOP núm. 161, do 23 de agosto)
Iria Lamas Salgueiro
Concelleira de Urbanismo, Patrimonio, Vivenda e Contratación Pública