A Fundación Deporte Galego, tendo en conta que nos seus fins establece o fomento da actividade física e do deporte base e de alta competición en Galicia, pon en marcha a III edición do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de 1º e 2º máximo nivel estatal de Galicia de 2022.
A fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio e convidaraa para a presentación da solicitude de patrocinio que se xunta ao texto do plan de patrocinio.
A entidade invitada para tomar parte no procedemento DE400C presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizase a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), e habilitarase unha ligazón na guía de procedementos e servizos co código DE400C.
O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de sete (7) días naturais, contados desde a propia data de recepción da invitación. A presentación das proposicións por unha vía diferente á sinalada será causa de rexeitamento ou exclusión.
As bases poderanse consultar na seguinte ligazón: https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/de400c-plan-patrocinio-equipos-alta-competicion-femininos-galicia-2022
Teléfono 881 99 63 77.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2022
José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego