Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 61057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se realiza a modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Cooperativas Orensanas, S.C.G. para o seu Centro de Procesado Avícola de Santa Cruz de Arrabaldo, no concello de Ourense (expediente 2022-IPPC-M-41).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: Centro de Procesado Avícola de Santa Cruz de Arrabaldo

Procedemento: modificación substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren)

Núm. rexistro AAI: 2007/0081_NAA/IPPC_143

Situación: concello de Ourense

Expediente núm. 2022-IPPC-M-41

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático